Convivencias cristiás no Camiño de Santiago para o alumnado de 3º ESO de Salesianos de Vigo 


Preto de 50 alumnos, alumnas, profesores do Colexio Salesiano María Auxiliadora e animadores do Centro Xuvenil Abertal realizaron desde o pasado 29 de marzo e ata o 1 de abril a experiencia do Camiño de Santiago a través do Camiño portugués e pola 'variante de Conxo.
En Compostela reuniríanse co alumnado e profesorado dos outros centros salesianos de Galicia: 200 alumnos e profesores chegaron polos distintos camiños ata cidade do apóstolo celebrando as súas convivencias cristiás.
Foi o día 31 pola tarde, logo de comer no Milladoiro, cando nos encamiñamos na última etapa do noso traxecto. Ás cinco chegamos ao entorno da igrexa parroquial de Santa María de Conxo. Os Padres mercedarios abríronnos o templo e tivemos un momento de oración e traballo persoal na Capela do Cristo. 
Agradecendo a acollida brindada e namentres nos poñían o selo parroquial nas nosas credenciais fomos saíndo do templo, e no adro da igrexa puidemos saborear e repoñer forzas coa merenda para a última subida antes da nosa entrada no Obradoiro para abrazar ao Apóstolo.


Moitas grazas pola vosa acollida, volveremos vernos
Segundo Cousido





Share this post!

Bookmark and Share

0 comentarios:

Publicar un comentario