Concerto da Compañía Lírica de Galicia na Igrexa da Merced de Conxo

30 de setembro ás 20:00h dentro da XXX Semana Cultural de Conxo

A Compañía Lírica de Galicia trouxo como colofón final á igrexa de Conxo A canción galega de concerto. De Curros a Toldrás. Esta compañía que naceu no 2006 para achegar o xénero lírico (opera, canto lírico ...) a todos os públicos conta con músicos excepcionais. Nesta ocasión foran tres das principais solistas da Compañía Lírica de Galicia: Teresa María Vázquez, Susana de Lorenzo e Paloma Silva, todas elas con actividade musical habitual, profesionais formadas entre nós e con recoñecemento dentro e fóra de Galicia polo seu nivel artístico en ópera, zarzuela e recitais. Ao piano estivo Javier Ares, concertista, musicólogo e profesor no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Todos eles coordinados polo barítono e mestre de canto, Fernando Balboa, creador e director da Compañía Lírica de Galicia. A dirección técnica corre a cargo de Pilar Cabrera, profesora de Historia da Arte, e con anos de traxectoria na organización de espectáculos musicais.
A Compañía Lírica de Galicia ofreceu, nesta actuación, unha antoloxía de Cancións Galegas de Concerto, con texto, todas elas, de poemas de autores galegos.

Share this post!

Bookmark and Share

0 comentarios:

Publicar un comentario