DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Rosalía de Castro y Conxo
Un recordo agradecido, no DÍA DAS LETRAS GALEGAS, á ilustre filla da nosa parroquia, ROSALÍA DE CASTRO.
A relación existente entre Rosalía de Castro e Conxo está marcada polo feito determinante do seu nacemento nesta parroquia.  Na obra de Rosalía atopamos cantidade de referencias sobre o barrio de Conxo; así, no seu libro “Follas Novas”:
“¡Adiós!, montes e prados, igrexas e campanas /¡Adiós!, Sar e Sarela, cubertos de enramada, /¡Adiós!, Vidán alegre, moiños e hondanadas, /Conxo o do craustro triste i as soidades prácidas”.
“Fermoso campo de Cornes / cando te cubres de lirios / tamén se me cubre a ialma / de pensamentos sombríos… / Río abaixo está o muiño; / Compostela río arriba… / Río arriba, ou río abaixo, /Todo é calma na campía. / Convidando a meditare, /soan de Conxo as campanas; /beben os bois no teu río, / i o sol alegra a escampada.
Ou na sua obra en castelán “El primer loco”:
“Tomé camino de Cornes… que tantas veces había recorrido… tenían para mí colores, ecos y hasta gritos misteriosos que me desgarraban las entrañas”.
(“El primer loco” é una novela de Rosalía,
planeada como un diálogo entre dúas personaxes no que un deles lle conta a outro a historia da sua paixón amorosa, e ten como marco principal o antigo convento mercedario de Conxo. Será a este lugar a onde se retire a descansar a amada do protagonista, xa que, “el bosque, el río y el campo lo convierten en un paraje encantador”)

 “¡Ya puedo respirar libremente… Sólo aquí, en este lugar de mis predilecciones, en mi quinta abacial, tan llena de encantos y de misterio, puedo calmar en parte la inquietud que me devora el alma”.
“Conjo será lo que yo quiero; refugio de almas como la mía, agobiada por insuperables dolores, lugar de quietud para gente que como yo amen estas hermosas alamedas y estos campos siempre frescos y sonrientes”.
“Lo único que Luis pudo conseguir fue ser el primer loco que habitó en aquel lugar de soledad, a donde como Luis, solemos ir todos los que amamos, a consolarnos de nuestras penas”
Rosalía coñece o barrio, naceu nel, recorreuno en infinidad de ocasións e así o fai notar na súa obra.  Ninguén describiu mellor o barrio de Conxo que Rosalía, ninguén se achegou a el con tanto interese,
con tanta devoción, ofrecendo del una imaxe tan positiva e que a través da súa obra perdurará para sempre.
Un recordo agarimoso pra nosa ilustre escritora ROSALÍA DE CASTRO, no DIA DAS LETRAS GALEGAS.


Share this post!

Bookmark and Share

0 comentarios:

Publicar un comentario